Executivas de Galicia súmase á iniciativa COMPRA DO NOSO. Promovida polo Clúster da Comunicación de Galicia, nace en plena crise económica causada polo COVID-19 para fomentar o consumo de produtos e servizos galegos co fin de apoiar a reactivación da nosa economía e potenciar o emprego; en definitiva de apostar polo NOSO e facer país.

Nestes momentos, a iniciativa conta co apoio de 22 entidades empresariais (confederacións de empresarios galegas, clústeres, cámaras e asociacións), e continúa aberta a que calquera entidade/empresa poida unirse.

En palabras do Clúster de Comunicación “Baixo o lema “COMPRA DO NOSO” queremos comezar un camiño no que toda a sociedade sexa capaz de camiñar xunta cara a este obxectivo común de salvar o noso tecido industrial e comercial”.

A marca principal é COMPRA DO NOSO pero tamén se poden usar variantes: LEE DO NOSO, VISTE DO NOSO, DESFRUTA DO NOSO.

Invitámosvos a participar nesta iniciativa sumándovos ao manifesto desde aquí: súmate ao manifesto.