Accessibility Tools

A semana pasada a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e Isabel Noriega, xerente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), reuníronse na Casa de Galicia en Madrid co seu director, Juan Serrano.

Na cita presentouse o traballo da asociación e falouse da presentación de Referentes Galegas no mes de setembro, para o que ofreceu toda a colaboración da Casa de Galicia.