Accessibility Tools

No encontro, presentáronse os últimos proxectos liderados e postos en marcha pola entidade

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, acompañada pola vicepresidenta da entidade, Lidia Enrich, mantiveron esta mañá unha reunión co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón.

Durante o encontro, fíxose un repaso das principais actuacións de Executivas de Galicia dos últimos tempos, como o programa Referentes Galegas ou as diferentes actividades de igualdade, entre outros, e manifestouse a necesidade de colaborar entre entidades para achegar valor social.

Deste xeito, barallouse a posibilidade de colaboración para a celebración de varias actividades co obxectivo de impulsar unha mellora na empregabilidade de mozas e mulleres usando as novas tecnoloxías.

Executivas de Galicia é unha asociación de mulleres profesionais que desenvolve e apoia múltiples actuacións co obxectivo de incrementar a visibilidade e recoñecemento da muller en todos os sectores, así como a igualdade de oportunidades e a mellora das oportunidades de emprego.