Accessibility Tools

O pasado 13 de febreiro, Executivas de Galicia organizou un encontro con Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social e Igualdade, nun almorzo que reuniu a un total de 36 socias na Finca Dos Lunas, en Santiago de Compostela.

Carla Reyes Uschinsky, a presidenta de Executivas de Galicia, realizou unha breve presentación da asociación e dos seus proxectos máis destacados. Na súa intervención, destacou a importancia do proxecto de Referentes Galegas, e anunciou a celebración dun gran encontro de Referentes o próximo verán, que será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade. Asimesmo, resaltou o programa de Executivas Junior, cuxa presentación oficial terá lugar o próximo 26 de febreiro na Cidade da Cultura.

O evento tamén serviu como espazo de networking. Cada unha das socias tivo a oportunidade de presentarse e compartir un pouco de información sobre a súa experiencia profesional, fomentado a colaboración e la sinerxia entre traballadoras.

No transcurso da reunión discutíronse cuestións clave relacionadas coa igualdade de xénero e a conciliación no ámbito laboral, co propósito de analizar e propoñer iniciativas que contribúen ao avance destas políticas en Galicia.

Pola parte, a conselleira Fabiola García expuxo as líñas de traballo da súa Consellería, facendo especial énfase nas axudas ao emprendemento feminino e no novo programa de inserción laboral para mulleres maiores de 55 años.

Esta reunión reafirma o compromiso de Executivas de Galicia coa promoción da igualdade, o liderado feminino e o desenvolvemento profesional das mulleres na comunidade.

 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.