A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, acompañada por membros da xunta directiva, mantiveron esta mañá unha reunión co novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, coa finalidade de presentar a asociación e buscar liñas de colaboración.

Ambas as entidades mostraron interese para establecer unhas bases de colaboración para achegar valor social. Durante o encontro, fíxose un repaso das principais actuacións de Executivas de Galicia dos últimos tempos, e a aposta firme para seguir impulsando Referentes Galegas.

Executivas de Galicia é unha asociación de mulleres profesionais que desenvolve e apoia múltiples actuacións co obxectivo de incrementar a visibilidade e recoñecemento da muller en todos os sectores, así como a igualdade de oportunidades e a mellora das oportunidades de emprego.