Accessibility Tools

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, acompañada por Berta Caro, membro da xunta directiva da asociación e directora de Desenvolvemento Corporativo de Tecalis, mantiveron unha reunión co delegado da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor co fin de presentarlle a actividade da asociación, co obxectivo de explorar formas de colaboración.

A presidenta de Executivas explicou ao delegado a importancia do directorio Referentes Galegas, un dos proxectos máis exitosos desta entidade e no que están rexistradas máis de 350 mulleres profesionais desatacadas e expertas nas distintas áreas do coñecemento. Trátase dunha ferramenta que a presidenta de Executivas convidou a visitar e a utilizar cando a administración necesite a opinión ou a participación de expertos en eventos, estudos ou xornadas.

O delegado da Xunta comprometeuse tamén a asistir á entrega do Premio Executivas de Galicia que terá lugar proximamente en Compostela e que este ano recae na pianista Isabel Dobarro.