Executivas de Galicia reforza a colaboración coa Xunta a prol de impulsar o liderado e emprendemento feminino.
A presidenta de Executivas de Galicia, Carmen Costas, e a vogal da xunta directiva, Maricarmen López mantiveron unha reunión co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado.
Durante o encontro, abordáronse distintas liñas de colaboración orientadas ao impulso do talento feminino, facendo especial fincapé no emprendemento, o acompañamento e a formación, particularmente no ámbito do emprego por conta propia. Ademais, puxéronse sobre a mesa iniciativas destinadas a reforzar a igualdade de oportunidades e mellorar a empregabilidade das mulleres en todos os sectores.
Cómpre destacar que Executivas de Galicia é unha das 150 entidades adheridas á Rede Ultreia de colaboración público-privada impulsada pola Xunta para compartir recursos, xerar sinerxías e evitar duplicidades na atención ao emprendemento.