Accessibility Tools

No encontro, presentáronse os últimos proxectos liderados e postos en marcha pola entidade.

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, acompañada por socias da xunta directiva mantiveron este mércores 3 de febreiro unha reunión co Concelleiro de Emprego, Jesús J. Celemín e o Director de Emprego, Emilio Lesta, coa finalidade de presentar as actividades da asociación e buscar novas liñas de colaboración en materia de igualdade de oportunidades.

Durante o encontro, en formato dixital, fíxose un repaso das principais actuacións de Executivas de Galicia dos últimos tempos, como o programa Referentes Galegas, o I Foro de Emprego virtual ou as diferentes actividades de igualdade, entre outros, e manifestouse a necesidade de colaborar entre entidades para achegar valor social.

Deste xeito, barallouse a posibilidade de colaboración para a celebración de varias actividades co obxectivo de impulsar unha mellora na empregabilidade de mozas e mulleres usando as novas tecnoloxías.

Reunión coa Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, acompañada polas socias Mariví Iglesias e Eva Castro mantiveron hai uns días unha reunión coa Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coa finalidade de presentar as actividades da asociación e establecer lazos de colaboración en materia de igualdade.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.