Como en anteriores ocasións O Liceo de Ourense acolleu esta semana un encontro networking de Executivas ao que asistiu un grupo limitado de persoas debido ás restricións vixentes.

As participantes, empresarias e directivas ourensás escoitaron á presidenta de Executivas, Carla Reyes Uschinsky informar sobre as diversas actuacións que a entidade realizou durante a pandemia. Executivas celebra este mes de xuño os seus 10 anos de existencia e celebrarao cun acto presencial en Santiago de Compostela ao que asistirán as directivas que conforman a delegación de Ourense.

Mención especial merece a presenza de Carmen Canle, empresaria e fundadora de Aceites Abril que sempre apoiou a Executivas e que asiste a todos os seus encontros.

Tras o almorzo as asistentes acudiron tamén á sede da CEO para a presentación da profesora Elena Rivo, tamén socia de Executivas Ourense, do seu proxecto Mujeres emprendedoras en acción, financiado con fondos europeos do programa Erasmus.