Executivas de Galicia, nunha asemblea extraordinaria, celebrada días despois do seu décimo aniversario, ratificou por unanimidade á única candidatura presentada e liderada por Carla Reyes Uschinsky que se mantén como presidenta por terceiro mandato consecutivo.

Con ela, son 14 profesionais as que configuran a nova directiva e que inician unha nova etapa con moitos plans para a entidade que queda da seguinte maneira:

Presidenta: Carla Reyes Uschinsky
Vicepresidenta: Ana Isabel Díaz Martínez
Tesoureira: Mónica Álvarez Flores
Secretaria: Beatriz García Cibreiro

Vocais:

  1. Sara Campos Marquez
  2. Mar Delgado López
  3. Eva González González
  4. Úrsula Rábade Gil
  5. Concepción Vilaboa Martínez
  6. Mariví Iglesias Castelo
  7. Eva D. Castro Outeiriño
  8. Carmen Lence Ferreiro
  9. Verónica Teijeiro Domínguez
  10. Ana Pérez Campo

A candidatura que conta cunha ampla representación de diferentes áreas profesionais foi votada por todas as asistente e votos delegados con ningún voto en contra nin abstención.

Ademais, Executivas atópase nun momento de importante crecemento, con máis de 250 socias e con múltiples proxectos por desenvolver. De feito, esta reelección coincide que a finalización do seu Plan Estratéxico, unha ferramenta que permitirá á organización canalizar os proxectos que se están desenvolvendo, xerar novas dinámicas que favorezan o liderado profesional feminino e ser un referente en materia de igualdade.