Accessibility Tools

O 10 de abril Executivas de Galicia comezou unha xira de reunións pola comunidade galega cos líderes políticos das principais cidades, cara o 28M. O obxectivo destes encontros é dar a coñecer o papel fundamental da asociación como representante dos intereses das mulleres profesionais galegas.

Ata o momento foron trece reunións repartidas por A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

  • Xan Xove – Candidato á alcaldía de A Coruña de En Marea
  • Marta Fernandez – Candidata á alcaldía de Vigo do PP
  • Fran Jorquera – Candidato á alcaldía de A Coruña do BNG
  • Olga Louzao – Candidata á alcaldía de Lugo de Ciudadanos
  • Rubén Arroxo – Candidato á alcaldía de Lugo do BNG
  • Elena Candia – Candidata á alcaldía de Lugo do PP
  • Inés Rey – Candidata á alcaldía de A Coruña do PSOE
  • Borja Verea – Candidato á alcaldía de Santiago do PP
  • Goretti Sanmartín – Candidata á alcaldía de Santiago do BNG
  • Miguel Lorenzo – Candidato á alcaldía de A Coruña do PP
  • Manuel Cabeza – Candidato á alcaldía de Ourense do PP
  • Eva Villaverde – Segunda en lista do BNG de Pontevedra
  • Xosé Sánchez Bugallo – Candidato á acaldía de Santiago do PSOE

O 24 de maio rematan as citas co candidato do PSOE á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez.

Resulta fundamental que os principais organismos e entidades estean ao tanto dos proxectos que expón Executivas de Galicia para chegar ao seu desenvolvemento.

Visibilidade, conciliación, liderado feminino, paridade… son só algúns dos temas que se abordaron nestas conversacións. As diferentes forzas políticas expresáronnos o seu interese en colaborar nos nosos programas. Trescentas profesionais, empresarias e directivas de todos os recunchos de Galicia, con traxectorias profesionais integradas en Executivas de Galicia configuran unha masa crítica capaz de propoñer ideas e proxectos para a mellora de Galicia.