Accessibility Tools

A sede da Audiencia Provincial da Coruña, antiga Real Fábrica de Tabacos, acolleu a quinta edición das Medallas Emilia Pardo Bazán entregadas este martes polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Executivas de Galicia foi premiada “En recoñecemento á súa loita pola defensa da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e pola visibilidade e o recoñecemento público de mulleres profesionais destacadas a través do proxecto Referentes Galegas”, de acordo co comunicado da Xunta de Galicia. 

O proxecto Referentes Galegas, que xa se converteu no buque insignia da asociación, presentouse en 2018. Así como recoñece ás mulleres profesionais galegas de longa traxectoria e prestixio tamén ofrece referentes femininos que sirvan como exemplo para os mozos galegos. Trátase dun gran directorio que recolle máis de 300 mulleres que, pola súa traxectoria e valía, resultan modelos a seguir nos seus respectivos sectores profesionais. Trátase dunha ferramenta pública e práctica de libre acceso para dar a coñecer a profesionais para que organismos públicos, medios de comunicación, empresas e demais entidades téñanas en conta á hora de organizar calquera tipo de evento.

En palabras da presidenta de Executivas de Galicia Carla Reyes Uschinsky: “É unha honra recibir un recoñecemento aos case 12 anos de traballo de Executivas de Galicia. E máis aínda se ese recoñecemento leva o nome dunha muller que debe ser nosa referente galega de cabeceira. Sen pensalo con anterioridade, sen ningunha estratexia previa, ela serviu de inspiración a esta organización que xa ten historia e que forma parte de maneira incontestable do tecido social de Galicia.”

Xunto con Executivas de Galicia, recibiron este ano o galardón María Teresa Cortizas González-Criado, delegada de Igualdade da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Fundación Secretariado Xitano. A Medalla Emilia Pardo Bazán outorga un recoñecemento público ás accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contribúan e destaquen na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes. Concédense cada ano tres condecoracións.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.