Executivas de Galicia finalizou esta semana a súa rolda de presentacións do programa Referentes Galegas aos diferentes grupos políticos que conforman o Parlamento de Galicia. Así presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, mantivo unha reunión a portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Ana Pontón, para presentarlle o programa Referentes Galegas, do que destacou a importancia da visibilidade das mulleres profesionais e o seu compromiso co mesmo.

Con esta reunión finalízase a rolda de presentación de Referentes Galegas aos distintos grupos políticos que forman o Parlamento de Galicia, e que se iniciou co presidente da cámara galega, Miguel Ángel Santalices.

Referentes Galegas é o primeiro directorio que se crea co obxectivo de reunir polo menos a 500 mulleres profesionais destacadas e líderes en todos os ámbitos da sociedade galega. Trátase dunha ferramenta útil para que os medios de comunicación, as entidades de calquera índole ou os organizadores de foros e encontros poidan ter un espazo no que atopar a mulleres destacadas en todos os ámbitos profesionais e que poden achegar unha valoración experta.