Accessibility Tools

O próximo 10 de marzo, Executivas de Galicia participará na IV Edición do foro empresarial “Mujeres na Empresa Actual e Futura”. Este evento, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, contará tamén coa colaboración de organizacións como Empresarias Galicia e Mulleres en Igualdade de Vigo.

O encontro celebrarase de 09:30 a 12:00 na sede do Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, e poderá seguirse de maneira virtual, facilitando así o acceso a profesionais de toda a comunidade.

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, xunto coas socias Conchi Vilaboa, socia directora de Auren, e Ana Alonso, vicedirectora xeral en CITIC HIC Gandara Censa, interveñen neste foro co obxectivo principal de analizar, visibilizar e potenciar o papel da muller no ámbito empresarial, destacando a súa contribución á transformación e evolución de cada organización. 

Asimesmo, Ángela Caruncho, socia de Executivas de Galicia e Directora en Galicia de Torres e Carrera, será a moderadora do evento. Mediante o testemuño e a experiencia das participantes, debaterase sobre os desafíos, as oportunidades e o impacto do liderado feminino no presente e no futuro do tecido empresarial en Galicia.

Ademais, poñerase en valor o talento feminino como motor de innovación e cambio, promovendo unha contorna de networking que impulse novas sinerxias e reforce o papel da muller na toma de decisións estratéxicas.

Este evento enmárcase dentro dun programa máis amplo de actividades dedicado á comunidade empresarial de Galicia, co propósito de fomentar un espazo de inspiración e colaboración entre os profesionais do sector.

 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.