Accessibility Tools

No encontro, coa alcaldesa e Referente galega, Lara Méndez, presentáronse os últimos proxectos liderados e postos en marcha pola entidade.

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, acompañada por membros da xunta directiva, mantiveron esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, coa finalidade de presentar as actividades da asociación e buscar novas liñas de colaboración en materia de igualdade de oportunidades.

Durante o encontro, vía en liña, fíxose un repaso das principais actuacións de Executivas de Galicia dos últimos tempos, e a adaptación ás novas necesidades, o que supuxo o aumento do número de socias nos últimos meses.

Entre os proxectos presentados, destaca o foro de emprego virtual que se creou e desenvolvido en Executivas de Galicia e que tivo un gran éxito de participación e satisfacción na edición realizada coa Deputación de Pontevedra. Este evento ten como obxectivo impulsar unha mellora na empregabilidade de mozas e mulleres usando as novas tecnoloxías sendo, ademais, un dos sectores máis afectados polas crises económicas.

Tamén se presentaron as novas actividades que se deseñaron para o programa Referentes Galegas ou as diferentes actividades de igualdade, entre outros, e manifestouse a necesidade de colaborar entre entidades para achegar valor social.