Desde o grupo de Innovación e Desenvolvemento Sostible de Executivas de Galicia ponse en marcha os encontros Face to Face, encontros para as socias en formato pequeno e informal para abordar a innovación, transformación dixital e o desenvolvemento sostible e sostido.
Estes encontros poden darse en distintos formatos:
-
- charlas inspiradoras
- presentación de casos de éxito e de usos reais
- experiencias compartidas por asociadas e non asociadas
- presentación de modelos exemplares de xestión innovadora
Nestes encontros, cuxa temática é sempre específica en materias de innovación e desenvolvemento sostible compartiranse entre as socias coñecementos, ideas e experiencias que inspiren e axuden a desenvolver novas ideas, proxectos e métodos de traballo.
O primeiro destes encontros terá lugar o día 22 de marzo na Coruña e leva por título “Tips para ser unha empresa con impacto positivo”.
Este encontro terá lugar nas instalacións de Nordés Club Empresarial en horario de 12:00 a 13:00, e contará coas intervencións das socias e membros do grupo de innovación e desenvolvemento sostible, Fátima Carmena (directora de Axencia Nasas) e María García (CEO de Galaica Consultoría Integral).
O aforo é limitado e para poder asistir é obrigatorio facer a inscrición ata o día 20/03/2024 a través do formulario que aparece máis abaixo.