Accessibility Tools

O programa The Break Costa da Morte organizado por PymeOn, é un programa de emprendemento europeo, que permitirá que, o próximo 7 de xuño, 14 emprendedoras de diferentes países de Europa coñezan, convivan e intercambien experiencias con empresas, entidades e emprendedoras da zona de Santiago.

Dentro deste programa atópase a organización dun afterwork con socias de Executivas de Galicia.Trátase dunha oportunidade para dar visibilidade ás empresas e emprendedores e intercambiar experiencias de éxito doutros puntos de Europa.

O networking, que é gratuíto para as socias de Executivas de Galicia celebrarase no Coworking Santiago Campus Stellae, en Praza dá Quintana, 3 ás 19:00 horas.

Contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición antes do 05/06/23 no seguinte formulario: https://forms.gle/sfy85XL7TzWTfw7p7

Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto connosco no correo info@executivasdegalicia.org.