Accessibility Tools

O pasado 9 de marzo Executivas de Galicia participou no encontro organizado polo Concello de Antas de Ulla para conmemorar o Día Internacional da Muller.

No devandito encontro tivo lugar a primeira mesa redonda “Versión Feminina” sobre mulleres emprendedoras. Nela participaron como relatores Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia, Nuria Varela Portas de Orduña, propietaria e xerente de Pazo de Vilane e Verónica Marcos Lanzo, presidenta de FADEMUR/FADEMUR. Moderou a mesa a xornalista Antía Montes Coego.

Posteriormente tivo lugar un concerto de Zoelas, a primeira das actuacións do ciclo de concertos “Con voz de Muller”, posto en marcha pola Deputación de Lugo durante este mes de marzo.