Accessibility Tools

O día 4 de maio Executivas de Galicia organiza unha visita a Os Biosbardos, onde as socias Raquel Lago e Teresita Palacio acompañarannos no seu percorrido e falarannos do proxecto Os Biosbardos, Cultura de Leira.
Posteriormente terá lugar un tapeo.

O encontro celebrarase en Lugar de Lendoiro, s/n – Cambre (A Coruña), e a visita comezará ás 17:00 horas. Posteriormente terá lugar un tapeo.

O custo do picoteo é de 15 € por persoa, que se abonará previamente.

Contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición e pago antes do 01/05/23 no formulario que aparece máis abaixo.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de visita a empresas e networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.