O próximo 20 de xuño Executivas de Galicia organiza, en formato híbrido un taller de formación impartido por Mar Castro, asesora empresarial internacional, Referente Galega e socia de Executivas de Galicia.

O taller “Marca Persoal Profesional, que pegada deixas?” é gratuíto para as socias de Executivas, e con el as socias mellorarán a súa capacidade de influencia cun estilo de comunicación único, poderán trasladar mensaxes estratéxicas, desenvolverán a empatía e asertividade e obterán visibilidade e notoriedade.

O taller celebrarase en Lugo, no Coworking Forum Ceao pero poderá seguirse tamén en modalidade en liña a través da plataforma Zoom.

A súa duración é de 8 horas, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e para poder participar é necesario facer a inscrición antes do 16/06/22 na ligazón que aparece máis abaixo.

Na modalidade presencial celebrarase unha comida networking no Restaurante Terra Taberna do Miño.