Accessibility Tools

O venres 2 de xuño, Executivas de Galicia organizou un almorzo Networking co CEO de Hack a Boss, Pablo Rodríguez. Este tipo de eventos teñen como obxectivo fomentar a relación entre as socias en ambientes que dan pé a conversacións sobre temas de actualidade.

A coordinadora do evento, Úrsula Rábade, que forma parte da xunta de Executivas, destacou na súa presentación que Hack a Boss é unha empresa que casa cos principios da asociación, que está ao día en cuestións de equidade de xénero e inclusión.

Preto de 30 mulleres acudiron á cita no Hotel Praza da Coruña, onde coñeceron a estratexia dunha das primeiras empresas en implementar a xornada laboral de catro días. Hack a Boss avogou por este modelo de traballo desde o principio. Nos primeiros anos combinaban catro días de traballo cunha xornada centrada nas actividades e o teambuilding.

Durante a quenda de preguntas, as socias profundaron en cuestións como a flexibilidade e a conciliación. Rodríguez explicou que en Hack a Boss non controlan o tempo de traballo dos seus empregados, senón que se centran nos resultados. Tras a charla houbo tempo para a conversación entre as socias. Moitas se expuxeron a posibilidade de adaptar esta forma de traballo ás súas propias empresas expóndose cuestións como a aplicación da intelixencia artificial aos seus negocios.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.