Accessibility Tools

A asociación estrea este proxecto o próximo 25 de marzo na Cidade da Cultura coa xornada intensiva “Menopausa e Liderazgo: ciencia, innovación e vida profesional”. 

Executivas de Galicia dá un paso máis no seu compromiso co desenvolvemento integral da muller profesional co lanzamento de EXECUTIVAS TECH: Pílulas de innovación, coñecemento e crecemento. Este novo programa nace como un ecosistema para compartir coñecemento experto entre as socias en áreas estratéxicas como saúde, liderado, finanzas e tecnoloxía.

Aínda que o proxecto se consolidará a través de “pílulas formativas” breves lideradas polo talento interno da asociación, a estrea será cunha xornada de formato estendido que abordará un tema tan vital como, a miúdo, invisibilizado.

Menopausa e Liderazgo: Un enfoque 360 graos

Baixo o título “Menopausa e Liderazgo: ciencia, innovación e vida profesional“, o evento inaugural centrarase en ofrecer información rigorosa e ferramentas prácticas sobre a peri e menopausa, analizando o seu impacto directo na saúde, o benestar e a traxectoria das mulleres directivas e profesionais.

A xornada contará cun panel de expertos de primeiro nivel que tratarán aspectos médicos, nutricionais e tecnolóxicos, rompendo tabús e fortalecendo o liderado feminino en todas as etapas da vida.

Detalles do Evento

    • Data: 25 de marzo de 2026.
    • Horario: 16.00 a 20.00 h
    • Lugar: Cidade da Cultura – Edificio CEM (Santiago de Compostela).
    • Custo: Actividade gratuíta (previa inscrición).
    • Público: Aberto a socias, invitadas e público xeneral (aforo limitado).

Programa da Xornada: O encontro dividirase en relatorios dinámicos de 25 minutos seguidas dunha mesa redonda final:

    • Saúde Médica: A Dra. Raquel Carracedo e o Dr. José Ramón Caeiro Rey abordarán a realidade da menopausa hoxe e a prevención da perda de masa ósea.
    • Vida Profesional: Marta Rivas analizará a xestión do cambio corporal na contorna laboral.
    • Benestar e Nutrición: Laura Gómez García e Candela Martínez ofrecerán claves sobre exercicio e alimentación consciente.
    • Innovación: Presentación de ferramentas tecnolóxicas.
    • Networking: O evento incluirá unha pausa-café para fomentar o intercambio de impresións e fortalecer a rede de contactos entre as asistentes.

Inscricións: O evento é gratuíto, pero require reserva de praza debido ao aforo limitado. 

Sobre Executivas Tech: Este espazo busca visibilizar o talento feminino e crear un diálogo constante sobre os retos da muller actual, combinando a innovación tecnolóxica co crecemento persoal e profesional.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.