Executivas de Galicia formalizou un convenio de colaboración coa Clínica Dental Montserrat Gallego, un centro odontolóxico de referencia en Vigo especializado en periodoncia e implantología, dirixido pola nosa socia Montserrat Gallego Pérez.
A través desta firma, na que participaron a presidenta da asociación, María del Carmen Costas Martínez, e a directora da clínica, Montserrat Gallego Pérez, actívase o «Programa Saúde Dental Executivas». Este plan anual ofrece vantaxes exclusivas e condicións preferentes en saúde bucodental dirixidas tanto ás asociadas como aos seus familiares de primeiro grao, sen ningún tipo de custo de adhesión.
O programa destaca polo seu enfoque preventivo e a súa adaptación ás necesidades da muller profesional, incluíndo os seguintes bloques de beneficios:
-
- Diagnóstico e prevención sen custo: Cobertura total na primeira visita con diagnóstico periodontal, radiografía panorámica dixital (se está indicada), unha revisión clínica anual e dúas sesións de hixiene profesional ao ano.
- Condicións económicas preferentes: Descontos do 20% en tratamentos de ortodoncia (incluída ortodoncia invisible) e blanqueamiento dental; 15% en implantes, periodoncia e férulas de descarga; e un 10% en prótese.
- Conciliación e xestión do tempo: Acceso prioritario á axenda sen listas de espera para revisións e reserva de franxas horarias específicas (á primeira hora da mañá e última da tarde) para facilitar a compatibilidade coa actividade laboral.
- Coidado integral e facilidades: Financiamento de ata 12 meses sen intereses (suxeita a aprobación) e acceso a un protocolo clínico específico enfocado no impacto hormonal e o coidado periodontal durante a peri e post-menopausa.
Acceso ás vantaxes
Para beneficiarse das condicións deste convenio, as asociadas que estean ao corrente das súas obrigacións coa entidade só deberán concertar a súa cita na clínica (teléfono 886 11 29 69 / clinicagallego@clinicagallego.com) e acreditar a súa pertenza a Executivas de Galicia na primeira visita.
Con este novo acordo, Executivas de Galicia segue sumando sinerxías dentro da súa rede de profesionais, impulsando o benestar das súas asociadas e fomentando a colaboración interna entre as socias.
Máis información en info@executivasdegalicia.org