Executivas de Galicia pon en marcha “Un café contigo”, unha webinar semanal na que diferentes socias informarán e tratarán sobre diferentes temas de actualidade. A primeira actividade celébrase este luns 6 de abril a partir das 16 horas, a través da aplicación Zoom e se estás interesada podes inscríbirte neste link e nos próximos idas recibirás as claves para conectar.

Cada semana terá unha temática diferente con expertas na materia e que responderán as preguntas ou dúbidas que cada unha das socias poidan ter. A duración será duns 40 minutos, ademais a sesión gravarase e colgarase en web e redes sociais para aquelas persoas que non poidan estar no momento exacto da vídeo chamada.

Todas as socias interesadas podedes enviar as vosas preguntas ao correo webinar@executivasdegalicia.org co fin de axustar a conversación ás dúbidas e inquietudes reais.

Ademais, aquelas profesionais nalgunha dos temas de interese xeral en est0 s momentos e apetéceche ser parte desta iniciativa podes poñerche en contacto a través do correo electrónico especificando en que sector traballas e a que dúbidas podes dar resposta.

Con esta iniciativa preténdese aproveitar o talento, coñecemento e solidariedade que hai dentro da nosa rede de Executivas de Galicia, para, entre todas, acompañarnos e informarnos da mellor maneira posible nestes momentos de incerteza, cambios
constantes, torrentes de información e desinformación ao mesmo tempo e sen data de fin.