Executivas de Galicia encabeza un estudo real de como está a afectar entre as socias a situación profesional, sanitaria e empresarial a crise polo COVID-19 e o Estado de Alarma.

Para iso enviouse a todas as socias, agora mesmo preto de 300 mulleres profesionais, unha enquisa co obxecto de solicitar información sobre a nova situación global na que nos atopamos.

Con esta enquisa, Executivas de Galicia quere realizar un estudo que nos permitirá recompilar información sobre as vosas opinións e a situación laboral e familiar. A partir de aí tentaremos deseñar proxectos que nos permitan utilizar as capacidades e talento de todas.

A nosa vida cotiá e laboral foi afectada de maneira significativa polo que as vosas opinións son de suma importancia e facilitarán a elaboración da análise e impacto desta situación.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e rogamos enviedes a enquisa cuberta a este mesmo correo: admision@executivasdegalicia.org