Accessibility Tools

O 4 de abril, Executivas de Galicia organiza, xunto á asociación Mulleres Ártabras, unha nova comida networking en Narón. Mulleres Ártabras nace co obxectivo de visibilizar e promover o emprendemento feminino na comarca de Ferrolterra. O seu propósito principal é crear unha comunidade na que empresarias e autónomas únanse para apoiarse mutuamente, tanto a nivel persoal como profesional.

A reunión contará coa presenza de Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón. Este encontro  realízase coa fin de axuntar esforzos na loita pola equidade de oportunidades entre homes e mulleres, fomentar o liderazgo e talento feminino, compartir experiencias e estreitar lazos entre ambas entidades.

O networking celebrarase en A Grella do Avós, en Carretera Sedes – O Carballo (Narón), ás 14:00 horas.

Dado que as prazas son limitadas, é necesario inscribirse antes do 31 de marzo ás 12:00 horas, a través do formulario dispoñible máis abaixo.

Como se trata dun evento networking, as socias de Executivas de Galicia:

    • poderán levar unha invitada (que tamén deberá completar o formulario).
    • farán unha presentación de 45 segundos co seu nome, cargo e empresa.
    • poderán levar tarxetas de visita para repartir entre as asistentas, facilitando así posibles contactos.  

Os encontros networking celébranse habitualmente en A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. Tódalas socias están convidadas a sumarse a calquera deles, independentemente da localidade ou provincia na que resida o traballe.

¡No cho podes perder!

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.