Executivas de Galicia e Galicia Business School renovan a súa alianza e incorporan a Executivas Junior
O pasado venres 28 de agosto renovamos o noso convenio de colaboración con Galicia Business School, consolidando unha alianza estratéxica enfocada no impulso do talento, a formación continua e o desenvolvemento profesional na nosa comunidade.
A firma tivo lugar nun encontro presencial que contou coa participación da nosa presidenta, Carmen Costas Martínez, e do director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga. Ambos destacaron a importancia de sumar forzas entre institucións para seguir abrindo oportunidades e fortalecendo o tecido empresarial galego.
Como gran novidade desta firma, demos un paso máis ao incorporar formalmente a Executivas Junior. Esta ampliación permítenos estender todos os beneficios, bolsas e programas formativos da escola ás mozas que forman parte do noso programa de desenvolvemento e mentoría, acompañándoas desde as primeiras etapas da súa carreira profesional para acelerar o seu crecemento e liderado.
A través deste acordo renovado, ambas as entidades reafirmamos o noso compromiso co liderado feminino, a excelencia formativa e a capacitación das novas xeracións que liderarán o futuro de Galicia.
Os beneficios desta firma xa se verán consolidados neste mes de setembro, pois as socias e integrantes de Executivas Junior poderán optar a 6 bolsas do 40% para para cursar un dos seus programas MBA.
As bolsas poderán utilizarse en programas relacionados con distintas áreas profesionais:
-
- Dirección e Administración de Empresas.
- Finanzas e Control.
- Marketing Dixital.
- Recursos Humanos.
- Dirección Comercial e Vendas.
- Operacións e Supply Chain Management.
- Executive.