A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e o director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que beneficiará ás máis de 170 socias que forman actualmente Executivas de Galicia.
Este convenio de colaboración permite ás socias beneficiarse dunha bolsa desconto do 15% sobre o prezo total naqueles programas destinados a profesionais.

Ademais, neste primeiro ano de convenio, Galicia Business School ofrece:

– tres bolsas-desconto do 50% no programa Executive MBA 2018-2019, destinado a profesionais cun mínimo de 8 anos de experiencia profesional e que actualmente exerzan funcións directivas.

– unha bolsa do 50% no programa MBA destinado a profesionais en exercicio.

– unha bolsa do 50% no programa Máster en Marketing e Marketing Dixital para profesionais en exercicio.

– unha bolsa do 50% no programa Máster en Supply Chain Management e Loxística, destinado tamén a profesionais en exercicio.

Dentro do convenio de colaboración tamén se comprometen ao patrocinio do premio Executivas de Galicia por importe de 2.000 euros.

Pola súa banda, Executivas de Galicia, comprométese a comunicar as actividades e formacións que realice Galicia Business School, a difundir as diferentes actuacións que poden ser de interese das socias e dar a visibilidade correspondente nos seus medios de difusión.

Galicia Business School é unha compañía cuxo obxecto é a formación profesional e directiva enfocada ao desenvolvemento de programas, tanto orientados á integración dos mozos no mundo da empresa como á actualización e o desenvolvemento directivo de persoas profesionais e do mundo da empresa.