Accessibility Tools

Unha delegación de Executivas de Galicia, encabezada pola súa presidenta Carla Reyes Uschinsky, reuniuse esta mañá co presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada Rodríguez, para coñecer de primeira man o funcionamento dun dos motores económicos de Galicia.

Durante a xornada, ademais realizouse unha presentación sobre o negocio portuario e a situación actual do porto, a cargo da asociada Irene Souto, xefa do departamento de Desenvolvemento Portuario e Comercial da Autoridade Portuaria. Irene Souto explicou os programas de desenvolvemento que se están implementando e o reto de alcanzar o máximo rendemento económico, industrial e social no Porto Exterior.

A actividade finalizou cunha visita en autobús que lles permitiu coñecer os espazos habilitados no Porto Exterior e os seus plans de futuro.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.