Durante o mes de xullo Executivas de Galicia colaborou no programa Training de Empregabilidade da Xunta de Galicia. Unha actividade na que algunhas das nosas socias impartiron formacións encamiñadas a mellorar a empregabilidade dos asistentes a través do desenvolvemento da marca persoal, o uso das redes sociais desde unha perspectiva profesional e a importancia de tecer redes de contacto sólidas.

O proxecto dividiuse en dúas sesións na Coruña e Santiago e contou coa participación de Virginia #Romeu e Sandra Negreira na primeira sesión; e Eva González e Diana Pardo na segunda sesión.

A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude e polo Fondo Social Europeo Plus.