Accessibility Tools

O pasado mes de setembro desde Executivas de Galicia puxemos en marcha a segunda edición de “Xerando Redes”, en colaboración coa Deputación de Ourense.

Xerando Redes é un proxecto de emprego para mulleres maiores de 45 anos que finaliza este mes de novembro. O seu obxectivo é poñer en valor o talento senior á vez que fomentar a empregabilidade das mulleres maiores de 45 anos que actualmente supoñen a maior taxa de desemprego desde que hai rexistros e o 60 % do desemprego total feminino.
O proxecto inclúe mentorías para mulleres maiores de 45 anos desempleadas, formacións grupais, charlas inspiradoras, realización de prácticas non laborais en empresas e un networking final.

O día 4 de decembro, ás 09:30 horas, terá lugar o acto de clausura no que contaremos coa intervención de Marta Nóvoa Iglesias, Vicepresidenta Primeira da Deputación de Ourense e deputada delegada de Facenda, Economía, e RRHH e a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.

As mulleres que participaron en Xerando Redes contarannos os seus proxectos futuros e finalizaremos cun café – networking no que compartir e crear sinerxias.

O acto, ao que asistirán as participantes do proxecto, titoras e mentoras, socias de Executivas de Galicia e demais persoas convidadas, terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e supón unha oportunidade para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste proxecto.

A entrada é gratuíta e aberta ao público en xeral, pero para poder asistir é necesario confirmar asistencia antes do 02/12/24 ás 12:00 horas na ligazón que aparece máis abaixo.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.