Accessibility Tools

O acto terá lugar este venres 25 de xuño no Hotel Oca Puerta del Camino e contará coa clausura do vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde.

Executivas de Galicia está de celebración e faio poñendo en valor os dez anos de vida desde a súa fundación. Deste xeito, o venres 25 de xuño ás 18.00 terá lugar o acto de aniversario no Hotel Oca Puerta del Camino en Santiago e contará coa asistencia de numerosas personalidades representantes de entidades públicas e privadas da sociedade galega, así como unha ampla representación de socias de Executivas.

Durante o acto que terá unha duración de algo máis dunha hora, farase unha homenaxe a este primeiros dez anos de vida de Executivas cun vídeo conmemorativo, a intervención dunha Referente Galega e Premio Executivas, Marisol Soengas, e dous membros fundadoras, Marta Costas e Asunción Fieira, a intervención da presidenta, Carla Reyes Uschinsky, o presidente da Xunta de Galicia, finalmente non poderá estar presente por unha viaxe de último momento pero fará chegar un vídeo cun saúdo para a entidade. Deste xeito, será o vicepresidente segundo, Francisco Conde quen pechará o acto institucional e dará paso ao cóctel-networking a pianista internacional e referente, Isabel Dobarro, que ofrecerá un pequeno concerto.

En palabras da presidenta, Carla Reyes, “convertemos a esta pequena asociación nun referente en materia de igualdade en Galicia e fóra dela. Conseguimos o recoñecemento da administración pública, das universidades, de entidades financeiras, de Deputacións e Concellos que recoñecen en Executivas o bo facer en favor da igualdade de oportunidades para as mulleres profesionais”. É unha asociación de mulleres profesionais que desenvolve e apoia múltiples actuacións co obxectivo de incrementar a visibilidade e recoñecemento da muller en todos os sectores, así como a igualdade de oportunidades e a mellora das oportunidades de emprego.

Durante este tempo potenciouse o liderado feminino e, ano tras ano, co esforzo das mulleres que forman parte de Executivas convertéronse un referente en materia de igualdade de oportunidades, recoñecemento, visibilidade e mellora de oportunidades.