Accessibility Tools

O pasado 7 de xuño Executivas de Galicia celebrou no Hotel Oca Puerta del Camino a súa Asemblea Xeral Ordinaria.

Durante a cita debullouse o balance das actividades realizadas ata a data e aprobáronse as contas do exercicio anterior. Así mesmo, aprobouse o orzamento para o ano 2024, deseñado para impulsar o desenvolvemento de actividades como o VI Encontro pola Corresponsabilidade e a nova edición do premio Executivas de Galicia, con novidades que en breve anunciaranse.

Presentouse ás socias o novo proxecto que Executivas está a preparar para lanzar en breve: “Executivas Junior”.

Ademais de ratificar ás novas socias, que se suman ás anteriores chegando a máis de 300 afiliadas, actualizouse a Xunta Directiva mediante a incorporación oficial de María del Carmen López Gómez que focalizará a súa actividade no programa Referentes Galegas e Executivas Junior. María del Carmen é Ex directora Galicia Open Future, unha iniciativa promovida por Telefónica.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.