Co inicio do novo curso, Executivas de Galicia anuncia a súa incorporación como asociada colaboradora á Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), unha alianza destinada a ofrecer novos recursos e instrumentos de desenvolvemento para todas as nosas socias.
Froito deste acordo, as integrantes de Executivas de Galicia poderán beneficiarse de forma directa dun amplo abanico de servizos prestados pola CEC:
-
- Asesoramento especializado: Acceso ás consultas e apoio técnico do Gabinete de Igualdade e do Gabinete de Prevención de Riscos Laborais (PRL).
- Xestión de emprego: Uso dos servizos da Axencia de Colocación da CEC para a procura de talento e inserción laboral.
- Capacitación e networking: Asistencia a accións formativas, xornadas e eventos organizados pola entidade que non estean reservados en exclusividade aos membros con dereito a voto.
Esta alianza supón un impulso fundamental para conectar ás nosas socias coa contorna empresarial da provincia e seguir ampliando as vantaxes de pertencer a Executivas de Galicia.