Accessibility Tools

Executivas de Galicia dá un novo paso no seu compromiso co tecido empresarial e innovador da comunidade mediante a súa adhesión a “Ultreia Galicia” (Rede Galega do Ecosistema do Emprendemento).

Esta rede estratéxica integra a administracións públicas, universidades, entidades empresariais e sociais, así como aceleradoras de Galicia. O seu obxectivo principal é apoiar, impulsar e acompañar as iniciativas emprendedoras desde unha perspectiva de desenvolvemento territorial e colaborativo.

Con este acordo, a asociación reforza o seu papel como axente activo no fortalecemento do talento e a creación de oportunidades en Galicia.

Podedes consultar o manifesto completo e máis detalles da iniciativa na web oficial de Ultreia Galicia. 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.