Accessibility Tools

O próximo 6 de abril de 2025, Executivas de Galicia formará parte do IV Festival Solidario Nosolocoaching, un evento que converterá a Santiago de Compostela no epicentro do liderado e do desenvolmento persoal.

O festival, que se celebrará no Auditorio Afundación ABANCA, reunirá ata 600 invitados, entre os que destacarán líderes empresariais, expertas en coaching e referentes da transformación persoal. A presenza de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, subliña a importancia deste encontro no ámbito do talento e o liderado en Galicia.

En Executivas de Galicia, apoiamos este encontro como unha plataforma crave para visibilizar e empoderar ás mulleres líderes. O programa incluirá conferencias sobre liderado inspirador, xestión do cambio e neurociencia aplicada ao desenvolvemento persoal, ademais de experiencias artísticas e espazos de networking.

O Festival Nosolocoaching busca crear un ambiente dinámico que combina aprendizaxe, inspiración e entretemento mediante a inclusión de espectáculos de humor, ilusionismo e música en vivo. Ademais, entregaranse os Premios Ciencia e Humanismo, en recoñecemento a aqueles profesionais que contribuíron ao desenvolvemento do humanismo desde unha perspectiva científica.

A recadación do evento destinarase á Fundación Vicente Ferrer, que apoia proxectos de infancia en Nepal. Con este cartel, Nosolocoaching consolídase como unha cita imprescindible para quen busca crecer, conectar e xerar impacto.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.