Executivas de Galicia celebra o xoves 16 de decembro a súa tradicional comida networking de Nadal, un novo encontro no que as socias poderán coñecerse mellor e seguir creando vínculos profesionais.

A comida terá lugar ás 14:00 horas no Hotel Oca Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.

Todas as socias interesadas en asistir á comida deberán confirmalo antes do día 14/12/21 a través do formulario que aparece máis abaixo.