O sábado 25 de novembro celebrarase Top Women Talks A Coruña na Quinta Canaima, en Oleiros (A Coruña).

As socias de Executivas de Galicia, como asociación colaboradora, contan cun 20% de desconto na súa inscrición, que poderás aplicar durante o proceso de compra da entrada co código que vos enviamos por correo.

Top Women Talks é un evento motivacional co que se pretender destacar a importancia de empoderar ás mulleres e brindarlles ferramentas para alcanzar o seu máximo potencial, unha oportunidade para descubrir a “TOP” que reside en cada muller. Deseñado para transcender as barreiras persoais e profesionais, este evento enfócase en proporcionar ferramentas prácticas e valiosas que mellorarán a túa vida en todos os aspectos.

O corazón de Top Women Talks radica no panel de expertas, seleccionadas coidadosamente para brindarche unha experiencia excepcional. Algunhas das expertas que compartirán o seu coñecemento e experiencia nesta edición son socias de Executivas de Galicia e/o Referentes Galegas.

Podes atopar máis información e inscribirte en https://www.creativityevents.es/top-women/top-women-talks/coruna-2023/ Acórdate de utilizar o teu código de desconto á hora de facer a inscrición.