Accessibility Tools

A Europaen Business Factory, asociada de Executivas de Galicia, organiza os días 25 e 26 de abril o programa Chaordic Leaderchip Program, unha formación dirixida a aquelas persoas que queiran traballar na complexidade e liderar procesos de cambio, aproveitando as oportunidades que a propia complexidade ofrécenos co obxectivo de ser máis innovadores e creativos.

O programa está especialmente indicado para facer crecer o potencial dos equipos dentro das organizacións, a través da innovación e a creatividade e comprender a importancia de construír equipos de traballo de alto rendemento, nos que a clave é o desenvolvemento do talento. Está centrado en desenvolver o liderado adaptativo en contornas complexas e na importancia de innovar nas organizacións establecendo os roles de cada membro.

A EBF, é partner en España de KAOSPILOT, unha das mellores escolas do mundo segundo Businessweek e que veñen desde Dinamarca.
O número de prazas dispoñibles é de 24 e o custo son 750 euros, aínda que as socias de Executivas contan cun desconto importante. A formación impártese na súa totalidade en inglés polo que é necesario ter unha boa competencia nese idioma.
https:// ebf. com.es/