Este luns 4 de maio temos unha nova edición de “Un café contigo”, unha webinar semanal na que diferentes socias informarán e tratarán sobre diferentes temas de actualidade. Neste caso o tema central da actividade centrarase en analizar as afectacións do Covid-19 desde un punto de vista legal relacionadas coas problemáticas empresariasles e persoais e cal é o presente e o futuro legal tras a desescalada.
Se che interesa, podes inscribirche no siguente ligazón e nos próximos días recibirás as claves para conectar.
Cada semana terá unha temática diferente con expertas na materia e que responderán as preguntas ou dúbidas que cada unha das socias poidan ter. A duración será duns 40 minutos, ademais a sesión gravarase e colgarase en web e redes sociais para aquelas persoas que non poidan estar no momento exacto da vídeo chamada.
Todas as socias interesadas podedes enviar as vosas preguntas ao correo webinar@executivasdegalicia.org co fin de axustar a conversación ás dúbidas e inquietudes reais.
Ademais, aquelas profesionais nalgunha dos temas de interese xeral en est0 s momentos e apetéceche ser parte desta iniciativa podes poñerche en contacto a través do correo electrónico especificando en que sector traballas e a que dúbidas podes dar resposta.
Con esta iniciativa preténdese aproveitar o talento, coñecemento e solidariedade que hai dentro da nosa rede de Executivas de Galicia, para, entre todas, acompañarnos e informarnos da mellor maneira posible nestes momentos de incerteza, cambios constantes, torrentes de información e desinformación ao mesmo tempo e sen data de fin.