Accessibility Tools

Cada mércores, a partir das 11:45 da mañá Eva Millán entrevista a unha socia de Executivas de Galicia no programa Un Café con Eva de RadioVoz.

O programa dedica uns minutos de entrevista a dar visibilidade á traxectoria persoal e profesional dunha socia de Executivas de Galicia, na que comparten tamén a súa experiencia en materia de igualdade.

O programa pódese escoitar en RadioVoz, pero se non puideches seguir a sección en directo a continuación poderás escoitar as entrevistas realizadas durante o mes de setembro das nosas socias:

    • Carmen Penim, Cantante, produtora e catedrática de instituto.
    • Begoña Barredo, director of sales Hotels North Spain en Meliá Hotels International.
    • Cristina Goás, directora e xerente de Presto Vivace.
    • María Casal, xerente e directora técnica de Consultoría y Reformas Casal Ingeniería