Cada mércores, a partir das 11:00 da mañá Eva Millán entrevista a unha socia de Executivas de Galicia no programa Un Café con Eva de RadioVoz.

O programa dedica uns minutos de entrevista a dar visibilidade á traxectoria persoal e profesional dunha socia de Executivas de Galicia, na que comparten tamén a súa experiencia en materia de igualdade.

O programa pódese escoitar en RadioVoz, pero se non puideches seguir a sección en directo a continuación poderás escoitar as entrevistas realizadas durante o mes de outubro das nosas socias:

    • Virginia Romera, Copywriter & Storyteller.
    • María Mayán, investigadora Xefa de Grupo no Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC – CHUAC).
    • Pamela Seoane, directora Xeral Corporativa de VALORA.