Accessibility Tools

Cada mércores, a partir das 11:30 da mañá Eva Millán entrevista a unha socia de Executivas de Galicia no programa Un Café con Eva de RadioVoz.

O programa dedica uns minutos de entrevista a dar visibilidade á traxectoria persoal e profesional dunha socia de Executivas de Galicia, na que comparten tamén a súa experiencia en materia de igualdade.

O programa pódese escoitar en RadioVoz, ero se non puideches seguir a sección en directo a continuación poderás escoitar as entrevistas realizadas durante o mes de marzo das nosas socias:

 

Ademais, o 25 de marzo, con motivo do V Encontro pola Corresponsabilidade, María Meizoso entrevistou no seu programa “Con Voz de Sábado” a Carmen Costas Martínez, membro da xunta directiva de Executivas e avogada e socia de Ircavigo-Irisarri Abogados. Compartimos aquí a súa entrevista.