Accessibility Tools

A partir deste mes de abril RadioVoz e en concreto o programa que dirixe Eva Millán, Un Café con Eva, apoia a Executivas de Galicia cunha sección na que cada mércores ás 11:50 da mañá é entrevistada unha socia de Executivas de Galicia.

Uns minutos de entrevista para coñecer a unha profesional e que conte a súa experiencia en materia de igualdade.

A visibilidade das profesionais galegas é un dos motores que vertebran o Plan Estratéxico de Executivas e estamos encantadas de contar con RadioVoz para levalo adiante.

O pasado 20 de abril abriuse o espazo coa entrevista á nosa presidenta Carla Reyes Uschinsky, e este mércores Eva Millán entrevistará a Beatriz Arribas, directora de Programas en UROVESA.

O programa poderase seguir desde RadioVoz.