Accessibility Tools

O próximo 25 de marzo terá lugar a entrega do VI Premio Executivas de Galicia que esta asociación concede cada ano a personalidades, empresas, ou proxectos e iniciativas que poñan de relevo o liderado feminino, favorezan a conciliación e comprométanse coa igualdade de oportunidades e a paridade entre homes e mulleres.

O acto de entrega terá lugar ás 18:30 horas no Salón de Convencións da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Este ano o galardón recae na pianista e referente internacional Isabel Dobarro, co que se recoñece a prestixiosa traxectoria profesional dunha muller que se caracteriza polo seu esforzo, profesionalidade e talento. Destaca o seu traballo na recuperación de obras de compositoras que quedaron no esquecemento.

Isabel Dobarro forma parte do directorio Referentes Galegas xunto a máis de 360 mulleres galegas destacadas nas súas respectivas áreas profesionais.

A pesar da súa mocidade, Isabel Dobarro, conta cunha ampla carreira profesional con numerosos proxectos e premios internaciones, está considerada unha das pianistas españolas con máis proxección internacional e recentemente foi nomeada “Muller a Seguir na Cultura do ano 2021” e visiting Professor na London Performing Academy of Music en Londres ( UK). Este periplo levouna a desenvolver a súa carreira concertística nos Estados Unidos, España, Rusia, Bélxica, Arxentina, Italia e Portugal.

O evento está aberto ao público previa inscrición na ligazón que aparece máis abaixo. O prazo para inscribirse finaliza o 20/03/22.