Executivas de Galicia e a asociación Mujeres en el Sector Público organizan un encontro networking o próximo 6 de maio en Santiago de Compostela.
Este encontro nace co obxectivo de dar a coñecer as actividades e valores destas dúas asociacións para axuntar esforzos na loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e visibilizar o liderado e talento feminino, compartindo experiencias e estreitando lazos para unha futura colaboración entre ambas as entidades.
O encontro networking terá lugar no Restaurante Mercado Boanerges, en Rúa Monte do Seixo, nº 8 – Santiago de Compostela, a partir das 19:00 horas.
Ao comezo do encontro as presidentas Carla Reyes Uschinsky, de Executivas de Galicia, e Concepción Campos Acuña, de Mujeres en el Sector Público, farán unha breve presentación de cada unha das asociacións, e a continuación terá lugar o networking con tapeo.
Contará con aforo limitado polo que para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no seguinte formulario que aparece máis abaixo antes do 02/05/22.
A todas as socias lembrámoslles que
- Cada socia pode levar unha invitada (que deberá facer tamén a inscrición previamente).
- As socias e invitadas farán unha presentación de 45 segundos co seu nome, cargo e empresa.