Xa está dispoñible na seguinte ligazón o vídeo resumen do primeiro “Un café contigo” celebrado o luns 6 de abril. Trátase dunha actividade posta en marcha por Executivas de Galicia, na que semanalmente se crea unha webinar na que diferentes socias informarán e tratarán sobre diferentes temas de actualidade. Realízanse todos os luns ás 16.00 horas a través da aplicación Zoom e se estás interesada podes inscríbirte neste link e nos próximos idas recibirás as claves para conectar.

Cada semana terá unha temática diferente con expertas na materia e que responderán as preguntas ou dúbidas que cada unha das socias poidan ter. A duración será duns 40 minutos, ademais a sesión gravarase e colgarase en web e redes sociais para aquelas persoas que non poidan estar no momento exacto da vídeo chamada.

Todas as socias interesadas podedes enviar as vosas preguntas ao correo webinar@executivasdegalicia.org co fin de axustar a conversación ás dúbidas e inquietudes reais.