O venres 27 de xuño, Executivas de Galicia organiza un novo almorzo networking en Lugo. Será o primeiro encontro networking da nova Xunta Directiva.
O encontro celebrarase no Restaurante Terra Taberna de Miño (Rúa dos Canteiros, 11) ás 9:30 horas.
O evento contará con prazas limitadas. Para poder participar é necesario inscribirse previamente, antes do 23/06/2025, a través do formulario dispoñible máis abaixo.
Como é habitual, durante o almorzo debatirase sobre temas de visibilidade e empoderamento feminino, ademais dos últimos proxectos e eventos de Executivas. Lembramos que:
-
- cada socia pode levar a unha invitada (que tamén deberá inscribirse a través do formulario).
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos, indicando o seu nome, cargo e empresa.
- é recomendable levar suficientes tarxetas de visita para facilitar o contacto posterior entre as asistentas.
Estes encontros celébranse en A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. As socias poden acudir a calquera networking que se organice.
En Executivas de Galicia, apostamos por impulsar o cambio social. Mediante o modelo de almorzo networking, creamos un espazo para a promoción de contactos e relacións, o debate sobre temas de actualidade profesional de interese e o crecemento da nosa comunidade. O noso obxectivo é para gañar visibilidade e dar voz as nosas inquedanzas, ideas e propostas.
A nova Xunta Directiva está deseando coñecerte… Podemos contar contigo?