No marco do convenio asinado con IESIDE as socias de Executivas de Galicia poderán beneficiarse do 15% de desconto en tres programas TECH de formación executiva que se iniciarán proximamente.

Con estes programas as socias poderán adquiririr coñecementos, habilidades e experiencias necesarias para afrontar o reto da transformación dixital na organización:

    • Programa Experto en Big Data, Business Intelligence e Controlling, co que construír modelos preditivos para a toma de decisións.
    • Programa Experto en Blockchain: aplicacións empresariais, aplicacións empresariais, co que profundar nos fundamentos da tecnoloxía blockchain así como as súas aplicacións no ámbito empresarial.
    • Programa Experto en Xestión da Ciberseguridad, co que aprender os últimos enfoques, metodoloxías e lexislación para construír contornas seguras.