Accessibility Tools

Executivas de Galicia aposta pola formación de calidade, por esa razón firmáronse convenios con importantes entidades de formación.

No marco do convenio firmado con IESIDE as socias poderán beneficiarse dun 20% de desconto nos novos Executive Masters e Executive Programs que se iniciarán próximamente:

    • Digital Management
    • Dirección Financeira
    • Xestión da Innovación Social e Sostibilidade
    • International Business
    • Liderado e Dirección de Persoas

Esta nova formación executiva está desenvolvida específicamente para os novos retos a afrontar trala pandemia.

Os Executive Masters, con contidos totalmente renovados e unha decidida aposta internacional, permitirán adquirir os coñecementos de xestión e dirección máis actualizados ao tempo que potenciará as competencias directivas en áreas claves no futuro da xestión empresarial.

Cun enfoque altamente especializado, os Executive Programs profundizan nos coñecementos, técnicas e ferramentas específicas de cada función para asentar unha base sólida na xestión operativa do día a día que reforce ao profesional no seu área ou departamento.